JUANA

DE IBARBOUROU_INSPIRACIONS

PERFORMANCE MULTIDISCIPLINAR_POESÍA_DANZA_MÚSICA

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Unha semente en movemento dende Galiza a Uruguai comeza a sua viaxe coa grande poeta uruguaia Juana de Ibarbourou ‘Juana de América’, no vínculo entre dúas terras, é pretexto para unha creación escénica que integra diversas disciplinas artísticas: poesía, danza, música e docencia ao servizo do teatro. A escritora americana da nome á biblioteca de Lourenzá (Lugo) dende o ano 1962. Seu pai, nado nesta vila, emigra a Uruguai a mediados do S.XIX, a artista naceu na cidade de Melo a finais do mesmo século e a partir dos 18 anos residiu en Montevideu ata a súa morte. Serán os organismos da época, os que faciliten que conservemos unha gravación inédita da poeta coa súa voz e facéndose eco do instante do seu nomeamento.

Este audio que envía a propia poeta ás autoridades de entón é a semente inspiradora desta obra, ‘JUANA’, na que as fabas cos poemas de tres mulleres de diferentes séculos imbrícanse na música e na danza. Textos de Juana de Ibarbourou (1892-1979, Uruguai), Rosalía de Castro (1837-1885, Galiza) e Marina Oural Villapol (Lourenzá, Galiza 1968) son titores para unha obra escénica multidisplinar: corpo, voz e música serven o texto e viceversa. Na escena tamén mulleres artistas de diferentes xeracións, partillando creación multidisciplinar con homes, e afondando na aprendizaxe desde a arte escénica como útil universal e necesario de relacionamento e comunicación.

Diferentes procedencias e mundos asumen a improvisación libre como lugar de mestría nunha creación, onde comparten por vez primeira composición. Xeran así na práctica valores constructivos na oralidade, musicalidade e movemento da palabra sentida e escrita para cultivo de raíz e céu, nunha obra de carácter internacional desde a aldea, a vila e o feitizo galegos.

cartaz_imaxewatsup

Idea Orixinal, Composición, Dirección, Voz: Marina Oural Villapol (MOV)

Dirección Musical, Saxo Soprano e Percusión Miúda: Chefa Alonso

Danza e Coreografía: Irene Álvarez Coto

Batería: Ramón Peña Gómez

Contrabaixo: Jorge Frías

Revisión de textos: Xavier Rodríguez Baixeras

Dirección escénica: Mónica Cofiño Arena

Textos de: Juana de Ibarbourou, Marina Oural, Rosalía de Castro

Iluminación/Programación de luces: Alberto Casas

Deseño Cartaz: Xavier Belho Cortizo

Duración, 50′

Video e Fotografía: Adrián Abril

MISIÓN E HORIZONTE

  • Reforzar as relacións galego-uruguaias e iberoamericanas desde as artes escénicas como vínculos irmaus universais.
  • Partillar creación multidisciplinar afondando na educación e aprendizaxe dende a arte escénica profesional como instrumento divulgador e xerador de valores constructivos.
  • Iniciar o camiño da traducción ó idioma galego dunha das grandes poetas internacionais filla de pai galego.
  • Afondar na poesía, na música e na danza de autor como vehículos universais e necesarios de relacionamento e comunicación; ferramentas fundamentais da socialización e coñecemento entre pobos e idiosincrasias.
  • Promover a creación multidisciplinar con temática desde a perpectiva de xénero, de pobo orixinario e galegodescendente, e de visión interxeracional.
  • Afectar á educación e cultura dende a visión de “cultivo” de futuro, principalmente: escolas primaria, secundaria, universidade e sectores especializados de danza, música e poesía en Galicia, Portugal, España, Uruguai, Brasil, Xapón, e os países de América, Europa, Asia e África que integren esta obra como ben cultural.

ESTREA E PREESTREA DA OBRA

PREESTREA:

9 de xuño de 2017, venres. Concello de Lourenzá.

Lugar: Salón de Actos, Edificio do Concello

Hora: 20 h.

ESTREA:

10 de xuño de 2017, sábado. Concello de Ribadeo

Lugar: Cine-Teatro de Ribadeo

Hora: 21h